26 de marzo de 2014

Saída gastronómica e cultural a Coristanco e Laxe.


O pasado domingo 23 de marzo disfrutamos dunha saída gastronómica e cultural a Coristanco e Laxe.
Pola mañá visitamos o Refuxio de Verdes, en Coristanco. Puidemos pasear polo fermoso paraxe de Verdes, sobre o río Anllóns, onde encontramos o refuxio de pescadores, muíños, incontables fervenzas naturais, etc.
Posteriormente fomos degustar o coñecido cocido do Restaurante Casa Pastoriza en Cuns (Coristanco)
E xa pola tarde estivemos no pobo mariñeiro de Laxe, onde se rodou a coñecida serie da TVG “Mareas Vivas” (Portozás). Visitamos a súa igrexa de Santa María de la Atalaya do século XV, a “Casa do Arco”, o porto e o paseo marítimo sobre la preciosa praia de dunas naturais.



0 comentarios:

Fai un comentario: